Clausura do proxecto EquiLing 

Os vindeiros 21 e 22 de febreiro de 2025, o centro La Cristalera en Miraflores de la Sierra acollerá a conferencia final do proxecto EquiLing (Conciencia lingüística crítica e axencia das e dos falantes: investigación-acción para a igualdade sociolingüística), un evento que reunirá investigadoras, docentes e expertas para debater sobre desigualdades sociolingüísticas, a axencia das persoas falantes e a metodoloxía da investigación-acción participativa. 

Durante o congreso, levaranse a cabo mesas redondas coas investigadoras dos distintos territorios (Madrid, Galicia, Euskadi e Catalunya), que compartirán os aprendizaxes obtidos ao longo do proxecto. Ademais, presentaranse recursos desenvolvidos no marco de EquiLing, incluíndo documentais e materiais interactivos, coa participación do alumnado que colaborou na iniciativa. Na páxina web poden atopar recursos para replicar nos seus contextos e mobilizar a reflexión sobre o papel da lingua na desigualdade social. Tamén poden acceder a publicacións académicas, libros e monográficos, algúns deles en acceso aberto. 

O sábado 22 de febreiro celebrarase un coloquio con stakeholders e colaboradoras externas, seguido de sesións de traballo sobre a xestión do proxecto, publicacións e propostas futuras. O evento concluirá cunha sesión de peche onde se compartirán as conclusións finais do proxecto. A presentación aberta destes resultados terá lugar en EDiSo, en Bilbao, no mes de xullo de 2025. 

Para máis información e detalles sobre o programa, poden consultar o seguinte documento: