Accións transformadoras: que son?

Neste apartado da web preséntanse exemplos concretos de iniciativas que se levaron a cabo desde a perspectiva da sociolingüística aplicada. Este espazo está dedicado a mostrar, a través de formatos visuais, vídeos e publicidade, como actividades e accións concretas repercutiron positivamente na sociedade, contribuíndo a mitigar as desigualdades lingüísticas. As actuacións documentadas nesta sección van desde intervencións nas aulas de educación até colaboracións con asociacións culturais e movementos sociais, ofrecendo así unha xanela aos resultados tanxíbeis da investigación sociolingüística en acción.

O obxectivo non é só divulgar os logros do proxecto EquiLing, mais tamén inspirar a comprender e abordar as desigualdades sociais a través da lente da sociolingüística.