Cataluña

Cataluña

Os novos falantes en tanto que axentes de transformación sociolingüística en Cataluña

EquiLing-Cat proponse colaborar con novos falantes de catalán e castelán para comprender e superar as desigualdades asociadas ao multilingüismo ou a diferenzas lingüísticas. As desigualdades sociais veñen dadas en parte por procesos de carácter simbólico ou material. Os simbólicos proveñen das categorías sociais que as persoas constrúen en base a como fala a xente e outros indicadores (a cor da pel, o xénero, a relixión, etc). As materiais derivan de diferenzas en educación, profesión ou lugar de residencia que impactan nos recursos e relacións a que se ten acceso. As dúas dinámicas de desigualdade refórzanse mutuamente de formas complexas.

Seguindo o deseño do proxecto coordinado EquiLing, aplicamos o seus tres obxectivos a tres situacións específicas de Cataluña onde novos falantes atópanse con barreiras lingüísticas para practicar catalán ou aprender castelán. A primeira son as iniciativas dos voluntarios lingüísticos que ofrecen ocasións para falar aos aprendices de catalán. A segunda é unha asociación cultural onde algunhas persoas recentemente chegadas buscan coñecer a xente do lugar e practicar o catalán. Nestes contextos buscaremos facilitar o acceso a espazos de uso do catalán aos aprendices. A terceira situación afecta a inmigrados que necesitan pasar o exame de DELE para obter a nacionalidade. Abordaranse o tres eixos conceptuais de EquiLing: (A) A distribución lingüística desigual (dificultades de acceso a catalán e castelán), (B) o desigual recoñecemento (tratar os novos falantes como falantes de segunda) e (C) a desigualdade de participación (as restricións sociais e económicas que se derivan de A) e B).

EquiLing é unha prolongación dos dous proxectos do plan nacional anteriores (NEOPHON e NEOPHON2) e coa rede COST (Action IS1306 on New Speakers in a Multilingual Europe). Nestes lanzamos propostas teóricas innovadoras colaborando entre sociolingüistas de linguas minorizadas e sociolingüistas centrados no estudo de temas migratorios en toda Europa. Desenvolvemos teoricamente a noción de falante e tamén os procesos de axencia, subxectividade e cidadanía lingüística. Até agora centrabámonos en recoller datos etnográficos sen intervir activamente no comportamento dos participantes. Constatamos, por exemplo, como os novos falantes, en Cataluña e en xeral, enfróntanse a prexuízos e barreiras complexas. Moitos catalanfalantes rexeitan falar catalán con persoas a quen ven como estrañas. Neste novo proxecto damos un novo paso e (segundo obxectivo) constituímosnos en aliados dos novos falantes, deseñando conxuntamente accións e iniciativas para superar as barreiras sociais con compoñente lingüística e involucrámosnos na medida do posible na análise e o desenvolvemento conceptual do problema. Isto vainos permitir alimentar o noso marco teórico sobre as desigualdades lingüísticas ao provocar, ou axudar a crear, situacións en que estas se manifesten á vez que se seleccionarán estratexias contextualmente adecuadas e respectuosas. Este deseño activo/participativo permitiranos traballar o terceiro obxectivo: identificar as mellores estratexias de transformación con sensibilidade para cos que viven a situación e as súas condicións, e así desenvolver técnicas e recursos pertinentes para promover unha conciencia sociolingüística crítica e unhas sociedades máis igualitarias.

Estudamos as desigualdades asociadas ao multilingüismo en Cataluña que afectan aos novos falantes de catalán e español para comprender e superar as barreiras que atopan para aprender e practicar estas linguas. Temos tres contextos de estudo: o voluntariado lingüístico, uña asociación cultural e os exames DELE para obter a nacionalidade española.

https://identicat.blogs.uoc.edu/

Número de referencia: Proyecto I+D, ref. PID2019-105676RB-C43/AEI/10.13039/501100011033