Galicia

Galicia

Espazos de transformación sociolingüística no contexto educativo galego: axencia dos falantes, repertorios multilingües e prácticas (meta) comunicativas

Este proxecto investiga os espazos de transformación sociolingüística vinculados á mobilidade, globalización e ao impacto das políticas lingüísticas no contexto educativo galego de áreas rururbanas. Encádrase no proxecto coordinado EquiLing, que explorará a diversidade sociolingüística de Galicia, Cataluña, País Vasco e Madrid para tensionar o desenvolvemento teórico en base a condicións diversas e construír un marco teórico innovador.

EquiLing Galicia contribuirá á comprensión da situación sociolingüística do estado español na postmodernidade e proporá vías de acción para tratala desde a educación lingüística. Galicia constitúe un contexto con dúas linguas oficiais, castelán e galego, que se enriqueceu das linguas procedentes da migración. Este proxecto céntrase nas linguas e variedades dos migrantes que son invisibilizadas e o que isto implica para os seus falantes. Proponse estudar como o multilingüismo ligado á migración desencadea situacións de gatekeeping na escola e, polo tanto, constitúe un contexto que reproduce a desigualdade vinculada ao desigual acceso aos recursos lingüísticos institucionais e académicos. A investigación estuda o papel dos mozos e mozas como axentes claves na xestión dos réximes sociolingüísticos multilingües emerxentes e analizará os seus novos repertorios lingüísticos.

Realizarase nos centros de secundaria de Arteixo, un dos principais concellos rururbanos que acolle poboación migrante de orixe diversa e exploraremos outros enclaves multilingües emerxentes noutros espazos periféricos de Galicia. Enmárcase na Etnografía Sociolingüística Crítica e incorpora a investigación en co-labor. Segue unha metodoloxía cualitativa e un enfoque etnográfico multi-situado para obter diferentes tipos de datos en espazos formais (aulas) e informais (actividades extraescolares ou intercambios en rede). A recollida de datos realizarase no proceso da investigación en acción participativa (PAR) mediante actividades de conciencia metalingüística, técnicas de expresión dramática e recursos TIC interactivos.

Os obxectivos son: (1) elaborar un diagnóstico sociolingüístico, en función dos resultados do proxecto actual (FI2016- 76425-P), para propor hipóteses sobre os procesos de desigualdade lingüística no contexto educativo galego; (2) analizar as prácticas situadas para observar (a) como as prácticas non normativas, como a hibridación, inciden sobre a redistribución de recursos lingüísticos e o (mis)recognition dos falantes; (b) como a negociación dos novos repertorios indexicaliza diferentes modelos de falantes á vez que proxecta spaces-making nos que se reconfiguran escalarmente os réximes sociolingüísticos e diferentes formas de silenciamiento e resistencias lingüísticas e (c) en que medida fomentar a conciencia lingüística crítica dos falantes reforza formas de axencia para promover unha cidadanía lingüística inclusiva; (3) proxectar os resultados en: (a) o deseño dun novo marco teórico para abordar as realidades multilingües; (b) a versión multimodal de CORES.

Corpus de Repertorios de Estudantes de secundaria; (c) recursos de transferencia: propostas para novas políticas lingüísticas educativas; elaboración en co-labor de materiais didácticos TIC-TAC-TEP para AVEL http://avel.cesga.es/, orientados aos estudantes e á (trans)formación do profesorado.

Estudamos espazos rururbanos de transformación sociolingüística vinculada á migración no contexto educativo galego. Mediante a etnografía multisituada e a
investigación en co-labor, analizamos as prácticas das mozas e mozos, axentes claves na xestión de novos repertorios multilingües, para observar formas de redistribución, invisibilidade (misrecognition) e resistencias lingüísticas emerxentes.

http://avel.cesga.es/

Número de referencia: Proyecto I+D, ref.PID2019-105676RB-C44/AEI/10.13039/501100011033.

Colaboradores

Profesorado de centros educativos de Galicia. Consellería de Educación

Estudiantes de centros educativos de Galicia