Obradoiro de discriminación linguística

Creado por Iris Addario, Jasmín Soto e Raquel Oviedo (UAM)

Obradoiro sobre discriminación lingüística creado por Iris Addario, Jasmín Soto e Raquel Oviedo, estudantes universitarias participantes no proxecto Equiling Madrid. O obradoiro foi deseñado como unha acción transformadora para frear a desigualdade lingüística e as súas creadoras impartíronno nunha clase da Universidade Autónoma de Madrid. Alí explicaron en que consisten os estereotipos e prexuízos lingüísticos, e expuxeron exemplos de casos de discriminación lingüística e posíbeis estratexias para afrontalos. O debate posterior espertou un grande interese entre o alumnado, que achegou moitos outros exemplos das súas vivencias lingüísticas e experiencias persoais.